inicio mail me! sindicaci;ón

BASES DO I CONCURSO DE MICRORRELATOS LEMOSGALEGO

1.- Para concursar é preciso estar rexistrado no twitter cun nome que comece por “lg_” e engadir o usuario lg_lemosgalego como amigo.

2.- Cada persoa pode participar con cantos relatos desexe. Estes non deberán superar os 140 caracteres dun chío e irán entre aspas “…”

3.- O relato gañador será escollido polos membros de LEMOSGALEGO que queiran participar na votación. Cada membro emitirá un só voto.

4.- Os votos enviaranse como mensaxes directas ao usuario lg_lemosgalego.

5.- O prazo de presentación de orixinais rematará o día 16 de maio de 2007 ás doce da noite.

6.- O período de votación será até as doce da noite do día 17 de maio de 2007.

7.- Na hora seguinte daráse a coñecer o relato gañador do concurso.

8.- O premio consistirá nun reprodutor de DVDs xenerosamente doado pola librería Azeta.

9.- No caso de recibir máis dun voto procedentes dun mesmo usuario só será tido en conta o que tivese chegado en primeiro lugar.

Lemosgalego » I CONCURSO DE MICRORRELATOS LEMOSGALEGO dixo,

maio 14, 2007 @ 11:03 pm

[...] SE DESEXAS PARTICIPAR PODES CONSULTAR AS BASES AQUÍ. [...]

Opaco » Blog Archive » Tinta electrónica dixo,

maio 15, 2007 @ 2:00 pm

[...] P.S. dúas convocatorias desde casapelacha, o concurso de microrrelatos de lemosgalego e unha proposta para unha nova xantanza á que sexa posible que vaian nenos coas súas fantas e mirindas acompañados de adultos cos seus caciquecolas e… ganas de festa. [...]

RSS semente para os comentarios desta anotación · TrackBack URI

Deixa un comentario