inicio mail me! sindicaci;ón

Lemos Galego nos medios

Un grupo de blogueiros promoven a creación dunha comunidade virtual arredor da literatura galega

Aos poucos, xorden novas iniciativas que incorporan a nosa cultura á rede. Unha das últimas e máis orixinais propostas é “Lemos galego”, que consiste en crear unha comunidade virtual arredor da nosa literatura dentro da rede social Twitter. A proposta, xurdida dos blogs Días Estranhos, O Levantador de Minas e O Blog dos Pelachos, vai incorporando membros nos últimos días, e os promotores anuncian xa un blog colectivo e un certame de microrrelatos.

——————-

Grupo de lectores en galego no Twitter

Que estás a ler?

Tres blogueiros impulsan un proxecto para compartir experiencias arredor da literatura do país.

Redacción - 14:28 24/04/2007

Tags: blogomillo galego libros twitter

Coa resaca do Día do Libro, un grupo de blogueiros decidiu poñer en práctica unha iniciativa para promocionar a lectura na nosa lingua. A súa proposta é crear un grupo de lectura de obras galegas que se comunique a través da rede para intercambiar impresións.

Twitter, rede social onde os seus usuarios intercambian breves mensaxes sobre o que están a facer ou a pensar en cada momento, emprégase deste xeito cun interese literario. Os promotores da idea son Martin Pawley, de Días estranhos; Leco, d’O blog dos pelachos, e Alfredo Ferreiro, d’O levantador de minas.

Para se distinguiren, propoñen que os usuarios que se unan ao grupo teñan un nome que comece por lg_, de “Lemos Galego”. Polo momento, esta rede só conta cun pequeno feixe de persoas, pero de seguro irá medrando progresivamente a medida que se achega o Día das Letras. Nuns días tamén poñerán en marcha un blog do grupo e mesmo un concurso de microrrelatos.

——————

Que estás a ler?

C+P: Coincidindo co Día do Libro e a un par de semanas do Día das Letras Galegas, [...] propomos crear un grupo de lectores e lectoras de libro galego que se comunique a través de Twitter para trocar información e opinións sobre os libros que estamos a ler.

 

——————

Proposta de encontro de lectores galegos arredor de Twitter

xoves 26 de abril do 2007, por Fernando Sarasqueta | /* Open Centered Popup Window Script- � DHTMLShock  www.dhtmlshock.com) To add more shock to your site, visit www.DHTMLShock.com */ function centrarVentana(theURL,winName,features, myWidth, myHeight, isCenter) { //v3.0 if(window.screen)if(isCenter)if(isCenter==”true”){ var myLeft = (screen.width-myWidth)/2; var myTop = (screen.height-myHeight)/2; features+=(features!=”)?’,':”; features+=’,left=’+myLeft+’,top=’+myTop; } window.open(theURL,winName,features+((features!=”)?’,':”)+’width=’+myWidth+’,height=’+myHeight); } Enviar por e-mail | Chuza!

Falamos hai días nesta mesma web do fenómeno Twitter, unha especie de volta de torca máis nas posibilidades da comunicación total que achega a Web 2.0 e que nos permite dicir a todo o mundo e de xeito inmediato que é o que estamos a facer en cada intre da nosa vida (sempre que teñamos algo que contar, claro), e todo iso a través do emprego do móbil e dun espazo propio en liña habilitado no Twitter. A ferramenta, fóra dos seus aspectos negativos (que os ten, como por exemplo o feito de que contribúa en certos casos a incrementar a dependencia tecnolóxica), semella achegar amplas posibilidades na divulgación de cuestión vinculadas á cultura e ó lecer. Asemade, pode ser proveitosa afianzando ligazóns entre colectivos ou grupos de internautas con semellantes arelas e/ou afeccións. Esa é a idea principal desta interesante proposta que atopamos no blog de Martin Pawley (vía Chuza!) e que vai dirixida a todos aqueles internautas que len literatura na nosa lingua.
Deste xeito, o Twitter, ademais de ser unha ligazón máis para os lectores (a unir ás que xa existen), tamén fomentaría o debate, a achega de opinións, a presentación de críticas e, en última instancia, contribuiría a dinamizar a mesma práctica da lectura na nosa terra.
A proposta xurdiu con motivo do Día do Libro e probablemente reciba nos vindeiros días un importante pulo por parte dos internautas galegos, sobre todo tendo en conta que xa está preto o Día das Letras Galegas.

 

martes, mayo 15, 2007

LiteraTwitter

Lemosgalego, ainda que sexa en curto. Microrrelatos. El dinosaurio seguía ahí. Hijos de Pascal. Porque una obra no tiene que ser necesariamente larga. Escribe. LiteraturaSMS. Literatura móvil. Porque lo bueno, si breve
Gracias, Martin y compaña.

P.S. dúas convocatorias desde casapelacha, o concurso de microrrelatos de lemosgalego e unha proposta para unha nova xantanza á que sexa posible que vaian nenos coas súas fantas e mirindas acompañados de adultos cos seus caciquecolas e… ganas de festa.

Anunciano nos chíos do Twitter e nas anotacións da súa bitácora, LemosGalego organiza un concurso de microrrelatos. ¿As bases?

Grupo de lectura Lemosgalego

Primeiro concurso de microrrelatos na rede

Os textos non poderán superar os 140 caracteres e deberanse enviar a través de Twitter.com.

Redacción - 14:26 15/05/2007

Tags: concurso lemosgalego microrrelatos twitter

 

Logotipo da iniciativa

Logotipo da iniciativa

Un grupo de internautas, que emprega as novas tecnoloxías da web 2.0 para compartir experiencias arredor da lectura de libros galegos, convoca o primeiro concurso de microrrelatos Lemosgalego. Para participar hai que formar parte do grupo. É preciso estar rexistrado no servizo Twitter cun nome que comece por lg_ e ter como amigo o usuario lg_lemosgalego. A idea partiu de tres membros fundadores da rede de lectores, Leco, Alfredo Ferreiro e Martin Pawley.

Os relatos serán asubíos de non máis de 140 caracteres e deben ir entre comiñas. O prazo de presentación remata o 16 de maio ás doce da noite e as votacións desenvolveranse durante as 24 horas seguintes. O Día das Letras, á unha da madrugada, coñecerase cal é o microrrelato gañador.

PREMIOS

 

I Concurso de microrrelatos LemosgalegoPonse en marcha o I Concurso de microrrelatos Lemosgalego. Unha plataforma de internet onde os usuarios comentan os libros que van lendo. No concurso pode participar calquera persona que envíe cantos relatos quera, sempre e cando estes non superen os 140 caracteres. O relato gañador será escoxido polos membros de Lemosgalego que queiran participar na votación

 

 

Leave a Comment

It sounds like SK2 has recently been updated on this blog. But not fully configured. You MUST visit Spam Karma's admin page at least once before letting it filter your comments (chaos may ensue otherwise).