inicio mail me! sindicaci;ón

PARABÉNS!

Parabéns, Peke!!!

As votacións ficaron como segue:

LG_PEKE: Chego tarde á cita, seino, pero non podía deixar sen atar a mamá. Espero que o can non roia as cordas e a ceibe. Non sobreviviría. (4 votos)

LG_DORFUN: Ergueuse moi cedo, coma nos últimos 400 ou 500 anos. E dende o borde da cama acubillona e agardou espectante para vela despertar de novo. (1 voto)

LG_TORREDEBABEL: Foi cando a sirena do barco berrou a dor e a amputación dos que emigran que lle caiu o primeiro feixe de cabelo. Bos Aires coñeceuna calva. (1 voto)

LG_GHANITO: Non é coña -Xa cho vin nos ollos -¿Ímos? -Molaba un cacho E correron á sala dos dinosaurios mais cando chegaron, o garda ainda estaba alí. (1 voto)

LG_RECHOUCHIO: -Esta noite non me deixes durmir sen foder. -Esta noite non deixes de foderme aínda que durma. (1 voto)

LG_DORFUN: Agarra con forza a corda! -dixo- E empuñando con forza a espada,avalanzouse contra os piratas, mentras o tesouro penduraba sobre as rochas (1voto)

LG_AMARA: Croac! Se me bicas, volvereime príncipe. A fermosa foi buscar un crocodilo, merecía cando menos un rei. Nunca soubo se o conto funcionaba. (1 voto)

E gaña o I CONCURSO DE MICRORRELATOS…

peke.gif

I CONCURSO DE MICRORRELATOS LEMOSGALEGO

Estes son os 23 microrrelatos presentados ao concurso até ás doce da noite do día de onte. Para poder votar hai que estar rexistrado no Twitter cun nome que comece por «lg_» Cada usuario pode votar UN SÓ MICRORRELATO e haberá de facelo en forma de mensaxe directa ao usuario «lg_lemosgalego». O prazo para votar remata hoxe ás doce da noite e unha hora despois, á unha da mañá, daremos a coñecer a oba gañadora e a relación de microrrelatos votados.

23.-Cau LG_CAU Esa non, neno, colle unha máis grande. Así, na cabeza, con forza. Ben. Xa non se move. Agora quítalle as Converse. Non era o que querías?
22.-Amara Orzania LG_AMARA «O náufrago, morto de fame, decidiu xantarse a si mesmo. Ata que se decatou de que era vexetariano.

21.-Amara Orzania LG_AMARA: O último que perdeu aquela caveira foi o sorriso.

20.-Amara Orzania LG_AMARA: -¿A onde irán os que morren? -A botar un sono, onde nin Deus os esperte.

19.-Amara Orzania LG_AMARA: Croac! Se me bicas, volvereime príncipe. A fermosa foi buscar un crocodilo, merecía cando menos un rei. Nunca soubo se o conto funcionaba.

18.-torredebabel LG_TORREDEBABEL: Foi cando a sirena do barco berrou a dor e a amputación dos que emigran que lle caiu o primeiro feixe de cabelo. Bos Aires coñeceuna calva.

17.-torredebabel LG_TORREDEBABEL: Eu non lle sei nada. Nada de nada. É un falar. Non se enfade vostede, tía. Se a chamei é porque a madriña fai cousas raras e eu asústome.

16.-Peke LG_PEKE: Chego tarde á cita, seino, pero non podía deixar sen atar a mamá. Espero que o can non roia as cordas e a ceibe. Non sobreviviría.

15.-Amador Loureiro LG_DORFUN: Agarra con forza a corda! -dixo- E empuñando con forza a espada,avalanzouse contra os piratas, mentras o tesouro penduraba sobre as rochas
14.-LG_ARICUM: Da esgotadora xeira apenas tirara un par de euros. Tanto esforzo e só poidera mercar un mísero bocata de chourizo. Que dirían os fillos?
13.-LG_AMADOR LOUREIRO: Escoitou pechar a porta e envolto no cheiro a humidade e o tacto das cordas nas mans, berrou canto puido sentindo o seu sangue nos beizos.

12.-LG_AMARIA ORZANIA: Sen o lobo e a complicidade do bosque impenetrable, a inocencia de Carapuchina Vermella ficaría un pouco máis limpa…
11.-LG_AMARIA ORZANIA: o día do Xuízo Universal Deus perdeu o xuízo.

10.-LG_AMARIA ORZANIA: Gustáballe tanto o peixe que casou cunha serea.
9.-LG_AMARIA ORZANIA: Cando a Bela Durminte espertou da súa longuísima sesta a osteoporese fíxollas putas.
8.-LG_CAU: Só un 4? Pero vostede prometeume… Non podemos arranxalo? Farei calquera cousa para subir a nota. Calquera. É vostede o meu mellor alumno.

7.-LG_GHANITO: Non é coña -Xa cho vin nos ollos -¿Ímos? -Molaba un cacho E correron á sala dos dinosaurios mais cando chegaron, o garda ainda estaba alí.

6.-LG_EMERECI: Cando aquel descoñecido abandonou o derradeiro vagón do derradeiro metro da derradeira parada da liña, o tren quedou tan baleiro coma ela.

5.-LG_MIRINHO: Outra vez: Non me biques que me fas dano. Xa non podo amarte, nen sequera odiarte. Dóeme este desexo imposible. Non me biques, non…

4.-LG_GHANITO: Acordou sen saber onde estaba e notou un sabor raro. Custoulle recoñecer o seu propio sangue. Tentou moverse…-¡Correde, aquí hai alguén!

3.-LG_CAU: Ficar no coche. Negarte a saír da cripta do garaxe. Deixar fóra os teus, por sempre vivos e felices. Ficar no coche.

2.-LG_DORFUN: Ergueuse moi cedo, coma nos últimos 400 ou 500 anos. E dende o borde da cama acubillona e agardou espectante para vela despertar de novo.

1.-LG_RECHOUCHIO: -Esta noite non me deixes durmir sen foder. -Esta noite non deixes de foderme aínda que durma.

FICA CONVOCADO O I CONCURSO DE MICRORRELATOS LEMOSGALEGO

Podes consultar as bases no Twitter de Lemosgalego.

Nota: Acabamos de incluír un novo apartado na barra da dereita co nome OBRAS COMENTADAS -xa hai 18- que iremos actualizando periodicamente.

Lemos Galego

castanas.jpgLemos Galego é unha rede de lectores e lectoras de libros en galego. A través do Twitter comunicamos ao resto dos membros as nosas opinións sobre os libros que andamos a ler e, se alguén se anima, mesmo podemos debater sobre as nosas lecturas en galego.

Lemos Galego éstá aberto a todas as persoas que estean a ler ou teñan lido algún libro en galego. Non é preciso ningún convite para adherir, só seguir as instrucións que atoparedes na terceira coluna. Se non te lido nin estás a ler en galego, talvez sexa un bo momento para comezar a facelo!

Se tes calquera dificultade podes utilizar o chat de Plugoo da terceira coluna ou enviarnos un correo a lemosgalego(arroba)gmail.com.

Tal e como adiantabamos no Día do libro, nuns días anunciaremos a 1ª edición do Concurso de microrrelatos convocado por Lemos Galego. Se queres, xa podes ir pensando algunha das moitas historias que se poden relatar en menos de 140 caracteres.

Recibe o noso afectuoso saúdo

Leco, Alfredo Ferreiro e Martin Pawley

Olark Livehelp